![]() |
© artesons, 2007
Lugo Cultural |
|
Idioma Galego
Traducción Jueves, 12 de Abril de 2007 LUGO CULTURAL, dentro do programa MÚSICAS A CARÓN DA MOSQUEIRA presenta:
ARTE SONS - ENCONTRO DE ARTE SONORA E MÚSICA EXPERIMENTAL LUGO, DÍAS 13 E 14 DE ABRIL Dúas xornadas adicadas á difusión da música experimental e a arte sonora de colectivos e artistas nacionais e internacionais, dentro dos parámetros da cultura libre e os procesos de creación colectiva. O programa comprende dende o debate teórico ata a acción sonora no entorno da cidade, e culmina cunha mostra do traballo de diversos artistas dentro do variado espectro da arte sonora, a electrónica experimental, a improvisación electroacústica, a música xenerativa e o ruido. Un evento que pretende evidenciar procesos creativos que veñen marcando liñas paralelas ás correntes culturais dominantes e que son consecuencia dos novos modos de producción e difusión da creatividade artística, e da colaboración comunitaria entre internet e as subculturas urbanas. PROGRAMACIÓN VENRES 13 - Mesa redonda "A Música Libre no Contexto da Creación en Rede" 17.30 h. Escola Universitaria de Formación do Profesorado,USC. Ponentes:M. Inmaculada Cárdenas-Compositora e directora do Grupo de Creación Musical da USC. Chiu Longina- Antropólogo e artista sonoro. Arturo Vaquero- Productor e músico lucense. María Pérez- Xornalista e activista no entorno cultura libre. - Proxección de obras audiovisuais 22.00 h. Praza de O Cantiño. SÁBADO 14 - Seminario "Escoita Activa", a cargo do colectivo Escoitar.org Conferencia: "Proxectos Internacionais de Intervención de Pontes" 11.00 Escola Universitaria de Formación do Profesorado, USC. Audio-Acción: "Auscultando a Ponte Romana de Lugo" 18.00 Ponte Vella. - Concertos 21.00-2.00 Club Cultural Babel. Dj Mister- Opening dj set. Leucochloridium- Experimental Alternative Jam Band. Christian Galarreta - Performance a través de Internet dende Perú-Noise. Dr. Think e Mike Rolling- Experimental dúo. Flexo- Performances sonoras. Ultranoise- Artista sonoro. Dj Hidráulico- 2-step, noise e breakcore PATROCINA: LUGO CULTURAL (Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Diputación Provincial de Lugo, Fundación Caixa Galicia). CO-ORGANIZAN: Grupo de Creación Musical da Vicereitoría de Cultura da USC (GCMUS) e Asociación MIRA EL RÍO BAJA. COLABORA: Club Cultural BABEL DISEÑO GRÁFICO: Gema Alba e Paola Guimeráns Compartir
|
|
|
|
|
|
nexo5.com
Magacín colaborativo, líder en periodismo ciudadano cultural, con noticias de arte y cultura contemporáneas