Acerca de nexo5  Contacto 
el magacín
AÑO 6 - Jueves, 24 de Mayo de 2012 14:02 | Magacín colaborativo de noticias de arte y cultura contemporáneas
Vídeos  Fotos  Audios  Archivos  |  nexo5_LAB  Redactores/as  |  Añadir noticia  Añadir n5Flash  Añadir contenido  |  RSS 
Hemeroteca Eventos & Exposiciones Ciencia & Tecnología Economía & Sociedad Etcétera Reportajes & Entrevistas Tribuna

nexo5.com cesa sus actividades tras 7 años

MÁS INFORMACIÓN

'Voando cara á terra '. O MARCO de Vigo exhibe o proxecto de Inti Guerrero gañador do premio para novos comisarios
José Alejandro Restrepo
Iconomía (Iconofilia, Iconoclastia), 2000-2010
Videoinstalación, 2 canales
1 h 08’/32', sonido
Cortesía del artista
Idioma  Galego

Traducción
Lunes, 24 de Mayo de 2010
VOANDO CARA Á TERRA / FLYING DOWN TO EARTH foi o proxecto gañador da máis recente convocatoria do Premio para novos comisarios, que en 2009 foi convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine, Fonds Régional d'Art Contemporain de Lorraine, Francia, e que ten como obxecto a realización dun proxecto expositivo para ambas as dúas sedes. O proxecto gañador é unha proposta de Inti Guerrero, (Bogotá, Colombia, 1983), crítico de arte e comisario independente residente en Ámsterdam. Unha vez clausurada en Vigo, a exposición viaxará a FRAC Lorraine, onde poderá verse dende o 23 de setembro de 2010 ata o 2 de xaneiro de 2011.

VOANDO CARA Á TERRA reúne obras de artistas que abordan procesos e formas de relixiosidade en relación coa política, a memoria colectiva e a cultura popular. A exposición formula un diálogo entre pezas que tanto comparten un acto de iconoclastia como describen o modo en que as crenzas relixiosas se trasladan ás xerarquías sociais, á idiosincrasia e imaxinarios das persoas.

O punto de partida da exposición son as fotografías aéreas de lugares sagrados no mundo, realizadas por Marilyn Bridges nos anos setenta. A mirada de Bridges cara ás formas e estruturas realizadas polo ser humano evocando un arquetipo celestial -como as liñas de Nazca- parece devolver a transcendencia a este pasado sagrado, pero ao mesmo tempo perturba o eixe de comunicación co máis alá, xa que precisamente se trata de fotografias tomadas "dende alá arriba". Esta idea de operar dentro de sistemas de crenzas, pero á vez intentando deconstruirlos, é o que comparten as obras destes artistas, que sitúan as crenzas e a relixiosidade en relación coa política, a memoria colectiva e a idiosincrasia dos seus respectivos contextos.

Tanto o proxecto expositivo como a montaxe das obras en salas articúlanse en torno a tres eixes conceptuais: as relacións entre relixión, ritual e territorio; os modos en que a relixión actúa sobre o individuo e os seus comportamentos sociais; e un terceiro apartado que ten que ver con actos de iconofilia e iconoclastia.

Algúns dos artistas sinalan os significados políticos e simbólicos do territorio físico -a terra en si- onde levan a cabo a súa obra, xa sexa unha acción, performance, vídeo ou filme. Por exemplo, Sarita, (1980), a sobrecolledora intervención realizada polo colectivo neo-vangardista peruano E.P.S. Huayco nun deserto aos arredores de Lima, onde crearon un inmenso retrato da santa mestiza Sarita Colonia, patroa das clases máis desfavorecidas do país e aínda non beatificada polo Vaticano. Ou a performance Văcăreşti (2006), do dúo de artistas romaneses Mona Vătămanu e Florin Tudor, realizada nun terreo baldío en Bucarest -onde antes existía un mosteiro do século XVIII demolido en 1985 polo goberno comunista-, e que nos coloca ante unha complexa negociación de identidade e memoria colectiva. Á súa vez, a curtametraxe Step by Step [Paso a paso], do cineasta sirio Ossama Mohammed, entrecruza as batallas ideolóxicas existentes na área rural do seu país, onde a relixión, a miseria e o estado militar constrúen subxectividades de soldados-cidadáns arraigados nunha tradición islámica.

A obra de Mohammed é, á súa vez, a ponte cara a aquelas outras que abordan as formas en que a relixión actúa sobre o estado psicolóxico do individuo. A artista francesa Valérie Mréjen faino na súa obra Dieu (2004), unha serie de entrevistas en vídeo aos seus amigos xudeus, que nos falan do momento en que se decataron de que Deus non existía, narrando anécdotas persoais das situacións que lles levaron a romper coas tradicións das súas familias ortodoxas. O artista da vangarda histórica brasileira Flávio de Carvalho está tamén presente coa súa obra Experiência no2. Uma possível teoria e uma experiência (1931), que forma parte das súas Experiências centradas no estudio da psicoloxía de masas. Neste caso, De Carvalho decidiu infiltrarse nunha procesión do Corpus Christi camiñando en sentido contrario ao fluxo relixioso, e sen retirarse o sombreiro. Na exposición preséntase o libro orixinal que o propio artista escribiu meses despues do seu "performance", describindo o intento de linchamento por parte da multitude.

Tendo en conta a simbiose entre a mirada divina e a mirada panóptica das institucións de poder da modernidade -como a antiga prisión de Vigo onde hoxe se sitúa o MARCO-, a mostra presenta un grupo de obras que abordan a iconofilia (adoración ás imaxes) e a iconoclastia (abolición das imaxes). No caso da artista española Cristina Lucas, o seu acto iconoclasta é o vídeo Habla (2008), que mostra á propia artista rompendo a martillazos unha impoñente estatua de Moisés, ata decapitala. En relación coa obsesión por controlalo todo a través dese "ollo que todo o ve", o artista brasileiro Alexandre Vogler, no seu traballo O Dirigível Olho Grande (2002-2010) fai unha parodia da caricaturesca decisión do goberno de Rio de Xaneiro de lanzar un Zeppelin con policías armados a bordo, para controlar as favelas máis perigosas da cidade. Pero é sen dúbida a obra Iconomía (2002-2010) do colombiano José Alejandro Restrepo, a que sintetiza as dúas categorías de Iconofilia e Iconoclastia, a través dunha extensa recompilación de noticias de telexornais colombianos que narran acontecementos violentos en relación á guerrilla, os paramilitares, a corrupción e o narcotráfico, que o artista comprende como actos de iconofilia ou iconoclastia contemporánea. En termos máis sinistros e abstractos, a curtametraxe Film (1965), obra do director norteamericano Alan Schneider e do recoñecido dramaturgo Samuel Beckett, coloca ante a cámara ao seu único protagonista, interpretado por Buster Keaton, que obsesivamente retira do seu dormitorio todas as cousas que sente estano a observar, realizando unha analoxía entre a mirada divina e a mirada panóptica do poder. Unha obra que, ao igual que outras nesta exposición, está intimamente relacionada, dende o punto de vista conceptual e simbólico, co deseño do propio edificio que as acolle.
Compartir
Temas
Destacados
Viernes, 13 de Abril de 2012
Últimas FOTOS publicadas
Viernes, 13 de Abril de 2012

Ningún político acude a debatir con los artistas sobre el futuro de las artes visuales dentro del evento "Do The Right Thing".

MNCARS, 16 de diciembre de 2011.

Foto: nexo5.com

Jueves, 12 de Abril de 2012

Chuso Moreno y Julian Moreno en la presentación del poemario "Gritos verticales", original de Gracia Iglesias, en FNAC Castellana (Madrid, 10 de noviembre de 2011)

Lunes, 19 de Marzo de 2012

Guillermo Marconi

V0.01. Transductores literarios (detalle)

Conjunto de artefactos electromecánicos dirigidos por un lector que interpreta una partitura no convencional construida utilizando frases extraídas de cuentos de ciencia ficción

Últimos VÍDEOS publicados
Lunes, 27 de Febrero de 2012

Itinerarios 2012

Begoña Guerrica-Echevarría presenta las XVIII Becas de Artes Plásticas Fundación Botín. El vídeo recoge el trabajo de los becarios de arte de la XVIII convocatoria, que se expone en Santander.

Duración: 4'52''

Idioma: Español

Lunes, 6 de Febrero de 2012

Entrevista al presidente de la Federación Iberoamericana de Urbanistas, Lluís Brau, comisario de la exposición "Con o sin techo".

Vídeo producido por Casa de América (Madrid)

*Publicado bajo Licencia CC.

Duración: 12'41''

Idioma: Español

Miércoles, 25 de Enero de 2012

Entrevista a Núria Güell realizada por Andrea Pacheco en la Residencia de artistas FelipaManuela - Noviembre 2011, cuando la artista ya llevaba trabajando unos meses en el proyecto "Aplicación legal desplazada #3: F.I.E.S.".

*Publicado bajo Licencia CC.

Duración: 20'11''

Idioma: Español

Últimos AUDIOS publicados
Aportado por: Belin Castro
Viernes, 8 de Julio de 2011

Belin Castro

Extracto del "Eventos sonoros en 4.1. PASEO NOCTURNO_LIBERTAD" que se expone en el DA2. Está tratado para estéreo radiofónico y se recogen menos momentos de gente que en la pieza completa, y más del propio acto de caminar.

*Publicado bajo Licencia CC por parte de su autora.

Duración: 7'16''

Lunes, 6 de Junio de 2011

Ángel Petisme recita el poema "Estado del bienestar" incluido en el libro "Poemails (Nuestra venganza es ser felices)".

Grabado por nexo5.com en la Biblioteca del Movimiento 15M en la acampada de la Puerta del Sol de Madrid.

(4 de Junio de 2011)

Idioma: Español

Duración: 36''

Sábado, 9 de Abril de 2011

Drive U Crazy

Pieza sonora de Egyptrixx, participante en 'Electrónica en abril' 2011, La Casa Encendida (Madrid) del 8 al 10 de abril.

Duración: 4'40''

Las últimas noticias publicadas
La Mirada de Otro
Eventos & Exposiciones
Etiquetas
Ciudades
Países
Las noticias de portada (1)
RSS Feeds

nexo5.com magacín

Magacín colaborativo, líder en periodismo ciudadano cultural, con noticias de arte y cultura contemporáneas

| Since Sep 20, 2006 | [ Términos de uso ] [ Accesibilidad ] [ Ayuda (FAQ) ]
Powered by nexo5cwm - Collaborative Web Magazine